INICIATIVA SOLIDARIA DO EQUIPO DE VOLUNTARIADO DE OXFAM INTERMÓN EN VIGO
Dende o equipo de voluntariado de Oxfam Intermón en VIGO queremos contribuír á campaña de Acceso á AUGA e saneamento básico organizando actividades solidarias. Moitas grazas a todas as persoas que nos axudan a organizalas e a participar nelas.
Mi historia
MOITAS GRAZAS!!!
Mar 10, 2026, 8:34:06 AMCompartimos algunhas fotos do fantástico concerto lírico solidario levado a cabo o pasado 28 de febreiro no Liceo de Ourense. Todo un éxito e un total de 1.445 euros recadados para apoiar o traballo de Oxfam Intermón coas persoas refuxiadas da guerra en Sudán. Grazas a Cristina Barriga (soprano), José Antonio Campo (tenor) e Branca Vázquez (pianista) pola súa colaboración desinteresada, ao Liceo de Ourense por cedernos o seu marabilloso espazo e a todas as persoas que asististes e colaborastes. MOITAS GRAZAS!




